Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Atlético San Pedro, campión do V Trofeo Concello de Oleiros de fútbol feminino

O Atletico San Pedro proclamouse campión do V Trofeo Concello de Oleiros de fútbol feminino, tras gañar na final por 4-1 ao Unión Campestre. As goleadoras do San Pedro foron Ariadna González, Lucía Fuentes, Alba Martínez e Rocio Fernández e por parte do Campestre, co número 7, Lara Naya.

O torneo feminino chega este ano á súa quinta edición, consolidándose como unha cita destacada do calendario deportivo municipal e dando continuidade á aposta pola promoción do fútbol feminino en Oleiros.
 
O Atlético San Pedro e o Unión Campestre acadaron o dereito a disputar a gran final tras rematar nos dous primeiros postos da fase de grupos, despois das cinco xornadas de competición. O San Pedro terminou como líder, con 12 puntos, mentres que o Unión Campestre foi segundo, con 9 puntos. No torneo tamén participaron Marino, Santa Cruz e Obrero.

Todos os equipos participantes neste torneo, tanto no cadro feminino como masculino, repártense 16.050 euros, destinado principalmente aos premios económicos.

GALERÍA


 

back link