Oleiros, 24 de agosto de 2021-. O alumnado de 2º A de bacharelato do IES María Casares, por ser a clase do centro que máis plástico conseguiu recoller dentro do proxecto “1 billete, 30 botellas”, así como o alumnado que participou no I Premio Tik Tok Concello de Oleiros, gozaron dun día de lecer nas Illas Cíes. A excursión estivo organizada polo Concello.
Durante a xornada, os rapaces e rapazas participantes puideron coñecer as singularidades e historia das Illas Cíes nunha visita guiada con monitores especializados e demostrar os coñecementos adquiridos participando nunha xincana. Ademais, dispuxeron de tempo libre para gozar da praia.
Tomás López Vizcaíno, Roi Suárez López e Diego Vidal Gil, xunto coa profesora Consuelo Castro, desenvolveron unha iniciativa de reciclaxe para concienciar da súa importancia aos seus compañeiros e compañeiras que consistía en premiar cunha viaxe ás tres clases do instituto Marías Casares que máis plástico conseguisen recoller.