Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O alumnado do María Casares participa nun proxecto de reciclaxe de plástico

 Oleiros, 25 de maio de 2021-. Tomás López Vizcaíno, Roi Suárez López e Diego Vidal Gil, xunto coa profesora Consuelo Castro, desenvolveron unha iniciativa de reciclaxe para concienciar da súa importancia aos seus compañeiros e compañeiras que consistía en premiar cunha viaxe ás tres clases que máis plástico conseguisen recoller. Os primeiros clasificados son o alumnado de 2º A de bacharelato, que irá de viaxe ás Cíes; segundo foi 2º E da ESO, que terá unha viaxe ás dunas de Corrubedo; e terceiros foron os rapaces e rapazas de 1º A de bacharelato, que irán de excursión á Costa da Morte. 

 
O alcalde, Ángel García Seoane, e a concelleira de ensino, María José Santos, entregaron esta mañá no centro os premios ás distintas clases e felicitaron a todo o alumnado pola súa implicación e participación neste proxecto medioambiental. As viaxes serán financiadas integramente polo Concello.
back link