Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O alumnado do Juana de Vega e das Galeras plantará cen árbores

Oleiros, 20 de marzo de 2018-. Con motivo do Día da Árbore e do Día Internacional dos Bosques, que terá lugar mañá día 21 de marzo, o Concello de Oleiros, en colaboración coa Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, puxo en marcha unha plantación na que participarán os alumnos e alumnas do CEIP Juan de Vega e da Escola Infantil As Galeras. Co obxectivo de fomentar o respecto pola natureza entre os máis pequenos plantaranse 15 castañeiros, 40 carballos, 20 pradairos brancos e 26 piñeiros.

Ademais, o Concello de Oleiros tamén colaborará coa Asociación de Veciños San Cosme de Maianca nunha plantación de máis de 30 árbores que se realizará en Canide nos vindeiros días, na que participará o alumnado do CEIP Luis Seoane. En total, serán máis de 130 novas árbores que se sumarán ás milleiras que xa existen en todas as zonas verdes do municipio.
 

back link