Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O alcalde reúnese coa directiva da ANPA do Colexio Juana de Vega

 Oleiros, 10 de febreiro de 2020-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, e a concelleira de Ensino, María José Santos, tiveron esta mañá unha reunión coa directiva da ANPA do CEIP Juan de Vega. No encontro abordáronse diversas cuestións relacionadas co centro. 

 
Entre outros asuntos, está previsto por parte do Concello a ordenación e delimitación dos aparcamentos exteriores, así como a ampliación do horario do sentido único de circulación da rúa Alexandre Bóveda. Ademais, o Concello vai trasladarlle á Xunta de Galicia a necesidade de cubrir unha parte do patio.
back link