Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O alcalde reúnese co Delegado do Goberno para esixir o cumprimento das subvencións para a insta

 Oleiros, 18 de novembro de 2021-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, recibiu esta mañá na Casa do Concello ao Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, para reclamarlle que o Estado faga cumprir as subvencións outorgadas ás empresas de telecomunicacións para a dotación de fibra óptica no municipio. O Delegado explicou que todos os proxectos pendentes de finalización van recibir unha prórroga ata finais de 2022 e que desde o Goberno central acaban de outorgar unha nova subvención a unha compañía para dotar de banda ancha a 1.240 vivendas de Oleiros.

 
Atendendo as numerosas demandas recibidas por parte de veciños e veciñas de todo o municipio, o Concello está a denunciar constantemente a carencia de fibra óptica en Oleiros. O Estado outorgou subvencións para a dotación de banda ancha que as empresas adxudicatarias, en moitos casos, incumpriron parcial ou totalmente. As compañías céntranse só naquelas zonas onde hai maior concentración de vivendas, cando os fondos que recibiron do Estado eran para levar internet a todos os domicilios incluídos nos plans.
 
Nos vindeiros días, o Ministerio comunicará as zonas incluídas nos novos despregamentos así como as previsións existentes para aquelas rúas que están pendentes de finalización.
back link