Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O alcalde presenta en Costas o proxecto de creación do paseo costeiro entre Naval e Canide

 Oleiros, 6 de agosto de 2021-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, reuniuse esta mañá cos responsables da Dirección Xeral de Costas para presentarlles o proxecto que ten previsto realizar o Concello de creación dunha senda costeira entre a praia de Naval e Canide. Trátase dun tramo de 4 km que permitiría facer transitable todo o litoral do municipio, desde Perillo ata Lorbé.

 
“Na reunión explicámoslles como queremos facer a senda. Necesitamos o visto bo de Costas para evitar problemas futuros e non ter que andar realizando reformas do proxecto”, dixo Ángel García Seoane.
 
O alcalde tamén aproveitou a reunión para lembrar a petición realizada para a praia de Santa Cruz. García Seoane foi emprazado novamente a dirixirse a Madrid ao Ministerio para trasladar a necesidade de dotar de area a praia de Santa Cruz.
back link