Oleiros, 3 de xaneiro de 2020-. A obra de ampliación de estrada da Besta, que conecta o centro de Mera coa vía Ártabra, e que comezou hai máis de 9 meses, atópase paralizada debido a que Fenosa non realiza o traslado duns postes que costea a Deputación da Coruña. Ante esta situación, o alcalde vai demandar á Deputación que se dirixa inmediatamente ao Ministerio de Industria para acabar con esta inadmisible actuación por parte desta compañía privada, que ten paralizada unha importante obra pública.
Hemeroteca
Desde Octubre 2010
Esta obra, que financia a Deputación da Coruña, vai permitir que a estrada pase de 5 a 12 metros. Os carrís de circulación ocuparán 7 metros e as beirarrúas 5, para que os peóns poidan transitar de xeito seguro.
É intolerable que unha empresa privada que presta un servizo público poida manipular e obstruír á administración pública. Máis se cabe neste caso, no que a propia administración paga o traslado duns postes.