No escrito, o alcalde denuncia o incumprimento do acordo acadado co anterior Xefe da Demarcación de Costas e co Delegado do Goberno sobre a continuidade e enlace do paseo de Beiramar coas obras realizadas polo recheo como balsa de lodos, para o que se dispuxo a talla de decenas de árbores de gran porte á beira da ría. Ademais, existen numerosos depósitos de lixo, rochas acumuladas e outros residuos que non foron retirados da ría, polo que se considera que en ningún caso se pode dar por finalizada obra.
O Concello de Oleiros agarda a que a Demarcación de Costas dea unha resposta ante tal atropelo á cidadanía, carente de sentido. As obras non están finalizadas.