Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O acto de entrega do III premio fotográfico María José Cayado será o venres na Fábrica

Oleiros, 27 de novembro de 2019-. O venres 29 de novembro, ás 18:30 horas, terá lugar o acto de entrega dos distintos premios do Concurso de Fotografía Vén e Descubre Mª José Cayado (Cheché) no auditorio da Fábrica. Ademais, presentarase a historia da “Mestra vella” de Mera, Mercedes Cajigal, sobre a que investigaron os alumnos e alumnas dos obradoiros de memoria.

 
Este concurso de fotografía ten como obxectivo lembrar a figura e servir de homenaxe a quen durante máis de 20 anos traballou por e para as persoas maiores de Oleiros en diferentes actividades e programas contribuíndo, a través do seu traballo diario cheo de vitalidade, humanidade, bo facer e sentido do humor, ao maior benestar dos maiores de Oleiros. Ao mesmo tempo, ten como finalidade promover a participación de todas as persoas que participan nas distintas excursións e rutas de sendeirismo do programa Ven e Descubre.
 
Nesta edición presentáronse un total de 119 fotografías, 72 de sendeirismo e 47 de excursionismo, en distintos formatos. A variedade e calidade dos traballos puxo moi difícil o traballo do xurado, que estivo integrado por un fotógrafo profesional e unha representación do monitorado e das persoas participantes no programa.
 
O acto estará amenizado con música. Actuarán Cristian Leggiero & Paty Lesta.
back link