Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O acto de entrega do II Premio fotográfico María José Cayado será o venres na Fábrica

Oleiros, 11 de decembro de 2018-. O venres 14 de decembro, ás 19:00 horas, terá lugar o acto de entrega dos distintos premios do Concurso de Fotografía Vén e Descubre “Mª José Cayado” (Cheché) no Auditorio da Fábrica. Ademais, presentarase unha nova publicación elaborada polas persoas que acoden aos talleres de memoria.

Este concurso de fotografía ten como obxectivo lembrar a figura e servir de homenaxe a quen durante máis de 20 anos traballou por e para as persoas maiores de Oleiros en diferentes actividades e programas contribuíndo, a través do seu traballo diario cheo de vitalidade, humanidade, bo facer e sentido do humor, ao maior benestar dos maiores de Oleiros. Ao mesmo tempo, ten como finalidade promover a participación de todas as persoas que participan nas distintas excursións e rutas de sendeirismo do programa Vén e Descubre.

Nesta edición presentáronse un total de 78 fotografías, 47 de sendeirismo e 31 de excursionismo, en distintos formatos. A variedade e calidade dos traballos puxo moi difícil o traballo do xurado, que estivo integrado por un fotógrafo profesional e unha representación do monitorado e dos participantes no programa.

No mesmo acto presentarase unha publicación na que se recolle parte do traballo realizado polas persoas participantes nos talleres de memoria do programa municipal Envellecemento Activo 60. Tamén actuarán Cristian Leggiero & Paty Lesta, que amenizarán a xornada con diversos temas musicais.

back link