Oleiros, 7 de febreiro de 2022-. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros convocou o VIII Premio Literario Descubrindo Oleiros, unha proposta que busca promover o uso da lingua galega e dar a coñecer o municipio. Este premio está orientado a todos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, de ESO e de bacharelato, para mozos e mozas de 16 e 17 anos e persoas adultas empadroados/as ou escolarizados/as no Concello de Oleiros establecéndose seis categorías.
Hemeroteca
Desde Octubre 2010
Os relatos estarán ambientados en Oleiros e escritos en lingua galega. Os espazos do municipio poden aparecer en fotografías, imaxes, debuxos ou simplemente aparecer citados. Os premios que se concederán serán vales para comprar en diferentes comercios de Oleiros produtos que animen á lectura e fomenten a creatividade.
O prazo de presentación rematará o 21 de febreiro. As persoas que estean interesadas en participar poderán consultar as bases no enlace habilitado ou poñerse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros (A Fábrica, rúa do Inglés, nº 13, 15172, Perillo, Oleiros) por vía telefónica (981 610 000) ou por correo electrónico (lingua@oleiros.org).