Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O índice de sinistralidade nas estradas do Concello de Oleiros durante o 2015 descende por cuar

Oleiros, 29 de febreiro de 2016-. O número total de accidentes de tráfico rexistrados pola Policía Local no Concello de Oleiros durante 2015 foi de 247. O número de sinistros rexistrados no municipio leva baixado de xeito continuado durante os últimos catro anos. En 2012 rexistráronse 296, en 2013, 289 e en 2014, 252.

Tal e como recolle o informe elaborado pola Policía Local, máis da metade dos  sucesos tiveron lugar en vías urbanas (171). En canto ás causas, o 29,9% debéronse a distraccións dos condutores, o 7,6% a non respectar a prioridade de paso e o 5,2% a non respectar a distancia de seguridade.

Do documento realizado polos axentes tamén destaca que nas vías cuxa vixilancia ten encomendada a Policía Local de Oleiros non se rexistraron vítimas mortais.
 

back link