Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Numerosas actividades para conmemorar o centenario de Emilia Pardo Bazán

 Oleiros, 5 de maio de 2021-. O Concello de Oleiros pretende resaltar a importancia desta insigne muller con motivo do centenario do seu pasamento con diversas iniciativas ao longo dos vindeiros días. A figura de Emilia Pardo Bazán é esencial para a nosa cultura. Foi unha intelectual cunha traxectoria literaria e académica importantísima e un referente esencial para o feminismo do noso país.

 
A primeira das actividades será este domingo, ás 20.00 horas no auditorio das Torres de Santa Cruz, onde se proxectará o filme Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde. A vindeira semana, o día 15, organízase unha visita teatralizada ao Castelo de Santa Cruz e ao grande mural que comezou a pintarse estes días na avenida que leva o nome da escritora. Ademais, nas bibliotecas haberá diversas mostras e exposicións, lecturas colectivas...
 
PROXECCIÓN
 
A proxección de Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde está programada para as 20.00 horas do vindeiro domingo día 9 de maio, no auditorio das Torres de Santa Cruz. A entrada é gratuíta con invitación, que poderá recollerse desde unha hora antes do inicio do filme. Esta película, dirixida por Zaza Ceballos, narra a vida de Emilia Pardo Bazán.
 
Ante a situación sanitaria, e seguindo as directrices das autoridades, será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.
 
MURAL
 
A artista Lidia Cao está a pintar a figura de Emilia Pardo Bazán nunha parede dunha vivenda de Santa Cruz, na avenida que leva o nome da escritora. Desta maneira o Concello de Oleiros pretende resaltar a importancia desta relevante muller con motivo do centenario do seu pasamento.
back link