Todos os mozos e mozas maiores de 12 anos poden visitar, coñecer e comezar a usar estes locais, de luns a domingo en horario de tarde.
O Concello contratou unha empresa por dous anos e por importe de 273.460 euros para que realice a dinamización dos centros informar e fomentar a participación e promoción social e cultural da mocidade. Tamén haberá un punto de información xuvenil en cada recinto.
Estas actividades desenvolveranse no centro Portaberta de Santa Cruz, na rúa Daniel Castelao, e na Escola das Pedras, na estrada que vai de Perillo a Montrove. Ambos centros abrirán de luns a xoves de 17.00 a 20.00 horas. Os venres e sábados o horario de apertura tamén será ás 17.00 horas, pechando ás 22.00 horas Portaberta e ás 23.00 horas As Pedras (o sábado ata abrirá ata as 12 da noite). Os domingos os horarios serán de 16.00 a 20.00 horas.
No caso da rapazada de 12 e 13 anos que se atope cursando estudos de educación secundaria, permitiráselle o acceso en horario de 17.00 a 20.00 horas, agás os domingos, nos que poderán acceder a partir das 16.00 horas.