Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Novo curso de informática básica para persoas maiores de 60 anos en abril e maio

 Oleiros, 18 de marzo de 2021-. O luns 22 de marzo abre o prazo de inscrición para un curso de informática básica de 40 horas dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros. A oferta deste obradoiro está enmarcada dentro do programa de “Alfabetización dixital” organizado desde a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade.

 
Nestes cursos aprenderase a manexar un ordenador mediante o coñecemento dos seus compoñentes, utilidades, manexo do Office, familiarización con Windows... 
 
As inscricións serán a través da web municipal www.oleiros.org, na sede electrónica, no apartado cidadáns e empresas, en trámites en liña, a partir das 9:00 horas do luns 22 de marzo e rematará ás 20:00 horas do 5 de abril. As prazas  adxudicaranse por orde de inscrición. Para calquera aclaración, as persoas interesadas poden poñerse en contacto con Servizos Sociais e Igualdade.
back link