Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Nova rotonda e finalización das beirarrúas en Arillo

 Oleiros, 14 de outubro de 2020-. O Concello de Oleiros e a Consellería de Infraestruturas van asinar proximamente un convenio para a realización da última fase do carril bici e das beirarrúas na estrada que vai de Santa Cruz a Mera. O espazo que se vai ampliar e ordenar, que inclúe tamén a creación dunha rotonda, parte desde onde rematan as beirarrúas no Pazo de Arillo ata a confluencia co camiño que vai ao cemiterio de Maianca. Ademais vaise conectar a beirarrúa da urbanización Rialta coa senda interior do Pazo.

 
O Concello redactou o proxecto para a realización desta obra e conseguiu o solo necesario, preto de 1.652,65 metros cadrados que cederon os propietarios lindantes. O convenio estipula que a Consellería financiará o 90% do custo das obras e o Concello o 10%.
 
back link