Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Nenas e nenos de primaria e ESO poderán participar no VI Premio Literario Descubrindo Oleiros

 Oleiros, 3 de decembro de 2019-. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros convoca o VI Premio Literario Descubrindo Oleiros, unha proposta que busca poñer en común promover a lingua e dar a coñecer o municipio. Este premio está orientado a todos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e de ESO empadroados/as no Concello de Oleiros, establecéndose catro categorías, unha por cada ciclo.

 
Os relatos estarán ambientados en Oleiros, escritos en lingua galega e poderán presentarse ata o 15 de decembro de 2019. Os espazos do municipio poden aparecer en fotografías, imaxes, debuxos ou simplemente aparecer citados. Os premios serán artigos electrónicos que terán relación coa imaxe e a lectura e promoverán a creatividade da mocidade.
 
back link