Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Naturgy comunica ao Concello de Oleiros que se efectuarán cortes de luz en diversas rúas do municipio os días 21, 23 e 24 de outubro

Durante as madrugadas dos días 21, 23 e 24 de outubro produciranse unha serie de cortes de luz programados pola empresa Naturgy para efectuar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica ademais de atender nas mellores condicións ás necesidades de subministración das zonas respectivas.

O 21 de outubro efectuaranse os seguintes cortes nas rúas que seguen:

      - De 03:00 a 05:00h: ZONA BEIRAMAR: rúa Ánade Real e rúa Cormorán.

O 23 de outubro efectuaranse os seguintes cortes nas rúas que seguen: 

      - De 00:00 a 03:00h: ZONA PERILLO: rúa da Ribeira e rúa do Inglés.

      - De 03:00 a 05:00h: ZONA PERILLO: rúa Corredoira das Viñas.

O 24 de outubro efectuaranse os seguintes cortes nas rúas que seguen:
    
      - De 02:00 a 04:00h: ZONA MERA: rúa Cividanes


Desde o Concello de Oleiros agradécese a colaboración da veciñanza e rogamos que desculpen as molestias ocasionadas. Para calquera dúbida ao respecto poderanse poñer en contacto coa empresa Naturgy no teléfono 900 333 999.
 

back link