Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Melloras no Servizo Municipal de Emerxencias

O Concello presta este servizo durante as 24 horas os 365 días do ano.

O Concello adquiriu recentemente dous novos vehículos por importe de 135.000 euros e ampliou as instalacións existentes no polígono de Iñás para continuar mellorando este importante servizo público. Desta maneira continúase a incrementar a operatividade e eficacia dos efectivos municipais ao dispoñer de máis medios propios para mobilizarse en caso de incidencias.

Co novo camión autoescaleira poderanse atender incendios e realizar outras actuacións de gran altura ata 30 metros, sen depender do parque de Bombeiros comarcal, situado en Arteixo, mellorando así os tempos de resposta. Tamén se adquiriu un vehículo de mando que estará destinado a control e xestión de actividades preventivas e operativas do servizo.

Tamén se acometeu unha ampliación das instalacións, cun novo espazo anexo ao actual, co que se pasa de 650 a 950 metros cadrados de superficie. Con esta reforma foi posible reordenar e dar cabida a todos os vehículos e material que ten o Concello para atender as emerxencias.


 

back link