Oleiros, 2 de marzo de 2021-. O Concello de Oleiros, a través do Plan de Emprego Provincial da Deputación, convocou unha axudas para os gastos correntes das pequenas empresas afectadas pola crise sanitaria. As subvencións van desde os 1.500 ata os 3.000 euros.
Provisionalmente, 246 das peticións están aceptadas por cumprir cos requisitos establecidos nas bases (empresas que tiveron que pechar pola Estado de alarma, empresa que teñen perdas superiores ao 75% e empresas con procesos de ERTE). Hai 119 solicitudes rexeitadas inicialmente por débedas coas administracións ou por non xusitificar debidamente as perdas económicas que, en caso de subsanación en prazo e forma, tamén poderían ser aceptadas.
Coas peticións aprobadas repartiríanse 492.500 euros, aínda que poderíanse incrementar no caso de aceptar algunha das alegacións que se presenten polas solicitudes denegadas nesta resolución provisional.