Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Mantéñense 7 días máis as medidas sanitarias restritivas para a área metropolitana

 Oleiros, 19 de agosto de 2020-. A Primeira Tenente de Alcalde, Mª José Varela, reuniuse no día de hoxe co Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña; para analizar incidencia do Sars-Cov2 na área metropolitana e recibir novas instrucións e información a respecto de novas medidas.

 
 
Na 8ª xuntanza de alcaldes da comarca con Sanidade informouse do aumento de casos positivos por Covid-19 na mesma como así tamén do aumento cuantitativo dos contactos rastrexados até o momento. No caso de Oleiros podemos destacar que nas últimas 24h non houbo aumento de casos positivos mais si de contactos.
 
Desde Sanidade solicítase aos concellos un esforzo máis grande se cabe á hora de controlar aforos de terrazas, o uso obrigado de máscara, zonas de ocio ou de concentración de poboación. Tamén se fixo especial fincapé na obrigatoriedade de que as persoas que están en corentena (por contacto), aínda que teñan unha PCR negativa, cumpran coa mesma xa que ese resultado non quere dicir que non estean incubando o virus.
 
Desde o Concello de Oleiros reiteramos a importancia da colaboración veciñal na tarefa de controlarmos a propagación do virus. Lembramos a necesidade de cumprir as normas de distanciamento social, o uso obrigado de máscara en todo momento (interior de locais e exterior), o lavado frecuente de mans (auga e xabón ou solución hidroalcólica), a prohibición de fumar en espazos públicos ao ar libre así como en terrazas e establecementos de hostalería se non se garante unha distancia de seguranza de 2 metros e a obriga de completar a corentena naqueles casos que, por contacto cun positivo Sars-Cov2, está prescrita por Sanidade. Ademais, desde Sanidade recoméndase a importancia de non reunirse máis de 10 persoas, mantendo a distancia de seguridade pertinente e a precaución na celebración de festas e xuntanzas familiares ou de amigos.
 
A situación epidemiolóxica na comarca non mellora de forma substancial polo que é necesario seguir extremando as precaucións por parte de toda a veciñanza.
 
back link