A Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida por Dima Slobodeniouk, colaborador habitual das principais orquestras do mundo, entre elas a Filarmónica de Berlín, a Sinfónica de Londres, a Sinfónica de Viena, a Tonhalle-Orchester de Zúrich e a NHK Symphony Orchestra; ofreceu un magnífico espectáculo musical interpretando o repertorio de Ludwig Van Beethoven (Sinfonía nº 4 e Sinfonía nº 7) e facendo as ledicias de todo o público asistente.
Esta foi a primeira actuación da OSG no Concello de Oleiros e cuxo obxectivo é achegar a música clásica a todo tipo de público.