Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Mañá pola tarde celébrase a gran festa do Entroido na polideportiva de Santa Cruz

Oleiros, 11 de febreiro de 2016-. No Concello de Oleiros, o día grande do Entroido será mañá venres 12 de febreiro. A polideportiva Arsenio Iglesias de Santa Cruz, a carón do colexio Parga Pondal, será o escenario dunha gran festa que comezará ás 19:00 horas coa actuación da Orquestra Os Satélites. Tamén haberá chocolatada, concurso de disfraces e a espectacular actuación sorpresa municipal.

Este ano repartiranse case 4.000 euros en premios aos mellores disfraces individuais e colectivos nun concurso que é unha das referencias na comarca coruñesa. Tanto na categoría de grupos como individual haberá un primeiro premio, un segundo e dous terceiros. Ademais, como novidade, creáronse tres accésits, un en grupos e outros dous en individual, cun importe igual aos terceiros premios, para que o xurado poida premiar aqueles disfraces que sexan merecedores dalgunha mención especial pola súa participación, enxeño...

Agardamos en Santa Cruz a todo o mundo que teña ganas de pasalo ben e de participar nesta marabillosa e divertida festa. Todas as persoas que desexen participar no concurso de disfraces poden apuntarse alí mesmo, así que non hai escusas. Toca disfrazarse!
 

back link