Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Mañá celébranse as finais do Trofeo Concello de Oleiros de fútbol

O Atlético San Pedro e o Unión Campestre de Montrove en categoría feminina e o Marino de Mera e o Santa Cruz en masculina disputarán as finais do Trofeo Concello de Oleiros de fútbol, que acada a edición IV en mulleres e a LIV en homes. Os partidos disputaranse mañá sábado 30 de agosto no Campo Municipal A Marola, ás 16:30h –final feminina- e ás 18h –final masculina-.

Nas semifinais masculinas, o Marino impúxose ao Perillo na tanda de penaltis tras un empate 1-1 no marcador global, mentres que o Santa Cruz superou ao Dorneda cun resultado de 2-3. Pola súa banda, despois das cinco xornadas femininas disputadas previamente, quedaron eliminadas da competición o Marino, o Xuventude de Dorneda e o Santa Cruz. 

Como vén sendo habitual, o Concello asina cada ano un convenio de colaboración coas entidades participantes para a organización do torneo municipal, cun orzamento de 16.050 euros, destinado principalmente aos premios económicos para os clubs participantes.
 

back link