Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Mañá abre o prazo de preinscrición para participar no programa de viaxes á neve da Deputación

Oleiros, 2 de xaneiro de 2018-. Entre o 2 e o 5 de febreiro a Deputación da Coruña organizará unha viaxe a Cabeza de Manzaneda para nenos e nenas de entre 11 e 15 anos. Para poder participar, as persoas interesadas deberán preinscribirse na Fábrica entre mañá mércores e o día 16 de xaneiro.

O prezo da viaxe, co transporte incluído, é de 85 euros. Unha vez rematado o período de preinscrición,  o día 17 de xaneiro, ás 12:00 horas no auditorio da Fábrica realizarase un sorteo público para ocupar as prazas que a Deputación oferta a Oleiros. 
 

back link