Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Mañá abre o prazo de inscrición libre para as actividades infantís e xuvenís de verán

 Oleiros, 8 de xuño de 2022-. Mañá ás 10:00 horas abre o prazo libre de inscrición nas prazas vacantes das actividades de verán infantís e xuvenís que organiza o Concello. Ofrécense 518 prazas nas actividades de artes plásticas, campamentos, campus deportivo, danza, excursións, kaiak, minicampamentos, olería, encadernación decorada, ilustración e banda deseñada, teatro e surf.

 
As persoas interesadas en apuntar os seus fillos ou fillas deben realizar o trámite a través da Sede electrónica, admitíndose unha única solicitude por participante. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. A admisión comunicarase por correo electrónico.
 
É posible obter máis información na web municipal ou presencialmente na Fábrica. 
 
 
back link