Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Música na rúa en Santa Cruz, Santa Cristina e Mera este sábado 15 de agosto

Imagen Música na rúa en Santa Cruz, Santa Cristina e Mera este sábado 15 de agosto

O programa Música na rúa regresa este fin de semana ás rúas de Santa Cristina e Mera. O sábado 15 de agosto en horario de 20:00 a 22:00 horas; 13B, Nunzia Giannotta, La Belle Indifférence e Surfatas poranlle son á noite de verán.

O Concello segue a promover o lecer e o turismo, neste caso, a través da animación musical das terrazas dos establecementos hostaleiros situados en Santa Cruz, Santa Cristina e Mera.
 
Os lugares onde se desenvolverán as actuacións e os grupos serán os seguintes:

- Santa Cristina (Avenida de Santa Cristina, zona La Tremenda): 13B -versións e temas propios, rock, pop e blues-.

- Santa Cristina (Avenida de Santa Cristina, zona La Encina): Nunzia Giannotta -blues, rock'n roll e soul-.

- Santa Cruz (zona porto de Santa Cruz): La Belle Indifférence -canción tradicional, música nacional e internacional-.

- Mera (zona La Perla): Surfatas -versións pop e rock-.
 
Este programa apoia a imaxe de Oleiros como un destino atractivo, distinto e de calidade para gozar do verán ademais de atraer clientela ás terrazas e favorecer a actividade da hostalería.