Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Máis de 400 persoas maiores participan nas actividades de envellecemento activo do Concello de

Oleiros, 16 de febreiro de 2017-. O programa de Envellecemento Activo do Concello de Oleiros consiste nunha ampla oferta de actividades dirixidas ás persoas maiores de 60 anos para evitar a deterioración física e cognitiva. En total son 28 os grupos de ximnasia, ioga e obradoiros de memoria nos que participan máis de 400 persoas.

As actividades son grupais e desenvólvense en todas as localidades do municipio. Teñen como obxectivo manter unha participación plena e activa das persoas maiores na comunidade, fomentar as relacións sociais e manter a súa autonomía nas actividades da vida diaria.

Mañá inicia a súa actividade un novo grupo de ioga na Casa da Cultura de Perillo en horario de 11:00 a 12:00 horas. Nestas sesións realízanse diferentes exercicios de flexibilidade muscular, canalización da enerxía, exercicios respiratorios… que son moi beneficiosos para o benestar das persoas, igual que a ximnasia e memoria, tal e como se pode constatar nas avaliacións que se fan das distintas actividades.

Para participar nestas actividades é obrigatorio estar empadroado no Concello de Oleiros e ter 60 anos cumpridos. Poden recoller máis información no teléfono de atención ao veciño 981 610 000, a través da web municipal ou do Facebook, tanto do Concello de Oleiros, como de Servizos Sociais Oleiros.
 

back link