Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Máis de 260 persoas conseguiron traballo en 2025 a través do CMF Isaac Díaz Pardo

Un total de 171 persoas por conta allea e 35 a través do autoemprego conforman os 206 postos de traballo nos que de algún xeito participou o dispositivo municipal de mitigación do paro incluído no Centro de Formación Isaac Díaz Pardo. Durante 2025 foron ofrecidos un total de 512 postos ás persoas demandantes de emprego. En total, o centro atendeu a 3.514 persoas e foron mobilizadas e informadas sobre as ofertas de emprego 1.538.


Eses máis de medio cento de empregos xestionáronse en 408 iniciativas de dinamización, o que equivale a máis de unha por día do ano, e case dúas se contamos só os días laborables. En total, manexáronse 1.062 currículos enviados para cubrir eses postos e 159 chegaron a ser contratados a través da Bolsa Municipal de Emprego.

A todo isto hai que sumar as 73 persoas empregadas en diversos programas municipais, como peóns para a limpeza viaria perceptores da Risga, operarios de servizos, socorristas, limpeza de praias, persoal e alumnado do Obradoiro de Emprego da zona do Pazo de Lóngora...

En canto á atención ás persoas emprendedoras, o resultado foi a creación de 30 novas empresas que en total crearon 35 postos de traballo, se ben os proxectos asesorados ascenderon a 84.

En materia de formación, o Isaac Díaz Pardo realizou dúas grandes iniciativas, interconectadas relacionadas co “Acondicionamento dos xardíns e parque da contorna do Pazo de Lóngora 2”, rematando un primeiro Obradoiro Dual de Emprego con 20 persoas participantes. Son alumnado das actividades de carpintería e moble, auxiliar de viveiros, xardíns e centros de xardinería.

O resto das actividades de 2025 foron 7 cursos de formación para 99 alumnas e alumnos sobre atención sociosanitaria no domicilio, outro idéntico pero en institucións sociais; competencias clave N2 en idioma galego, cociña, socorrismo en espazos acuáticos naturais e en instalacións e actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.

back link