Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Máis de 200 persoas participan na festa de fin de curso das actividades de envellecemento activ

Oleiros, 15 de xuño de 2018-. A praza da Liberdade de Nós acolleu hoxe a festa de fin de curso das actividades de Envellecemento Activo que desenvolve o Concello de Oleiros para todas as persoas maiores de 60 anos. Preto de 230 das persoas que participan nestas actividades achegáronse a Nós para amosar o traballo que desenvolven durante todo o ano, cunhas coreografías e exhibicións de ioga e ximnasia, así como obradoiros de memoria.

Tamén se realizou un obradoiro de “Espalda Sana” e outro de “Nutrición” no que se lles achegou coñecementos para manter uns hábitos saudables na súa vida diaria. O encontro rematou con música a cargo dun dúo que amenizou o fin de festa a través doutra actividade moi saudable, o baile.

Desde setembro a xuño máis de 300 persoas participaron activamente en distintas actividades en todas as localidades, dirixidas a mellorar a súa condición física, a autoestima, reducir os efectos do envellecemento e así gozar dunha vida activa e plena. En total son 9 grupos de ioga e relaxación, 11 grupos de ximnasia e 11 grupos de memoria que desenvolven a súa actividade de forma continuada desde setembro a xuño.

A través de todas estas actividades grupais, ademais de previr a deterioración da idade, tanto a nivel físico como cognitivo, foméntase unha vida plena e saudable, favorécese a comunicación, fomentan a autoestima e a autonomía persoal e promoven o desenvolvemento de novas formas de comunicación capaces de romper o illamento e facilitar a integración.
 

back link