Oleiros, 3 de agosto de 2018-.A praza de Esther Pita acollerá esta fin de semana dous interesantes concertos. O sábado, partir das 22.30 horas, actuarán Los Mecánicos e o domingo, ás 21:30 horas, ofrecerá un concerto Garufa Blue Devils Big Band.
Los Mecánicos é unha banda coruñesa formada por veteranos músicos que fan unha homenaxe ao pop-rock dos anos 60. O seu repertorio abarca os Beatles, Rolling Stones, Elvis, Los Salvajes , Fórmula V, Los Brincos, Andrés do Barro ou Pucho Boedo. É un espectáculo moi divertido que anima ao público a pasalo ben.
O domingo, como peche da XXIV edición de Alfaroleiros, subirán ao escenario instalado na praza de Esther Pita Garufa Blue Devils Big Band, que dirixe Roberto Somoza. Formada por 17 músicos e 2 voces solistas, na primeira parte da actuación tocarán grandes clásicos do swing e do jazz e na segunda interpretarán un repertorio de boleros de sempre xunto con Sito Sedes.