Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás José Lorenzo Tomé presentará Non debeu faltar nas Torres

 Oleiros, 7 de marzo de 2022-. O teatro das Torres de Santa Cruz acolle o vindeiro xoves día 10 de marzo, ás 20:00 horas, a presentación da novela Non debeu faltar de José Lorenzo Tomé. Ademais do propio autor, na presentación intervirán Carmen Ares Noya, profesora de Lingua Francesa, e Esther Lorenzo García, profesora de Lingua Castelá e Literatura.

 
José Lorenzo Tomé é escritor e filósofo. Doutor en Filosofía e licenciado en Bioloxía. Exerceu como profesor de filosofía en diversos institutos de Galicia. Como autor, ademais desta obra, tamén ten publicado en narrativa libros como Bergan, Alma: un sopro de aire fresco, Delourando os días e A cidade branca e en ensaio Jürgen Habermas,  Las identidades: las identidades morales y políticas en la obra de Jürgen Habermas, O silencio dos deuses: filosofía e literatura e Theodor W. Adorno: el rescate de la felicidad. 
 
Non debeu faltar preséntanos o amor como un dos feitos máis extraordinarios da condición humana, pero ás veces ese amor é declarado ilegal e os amantes son perseguidos, renovándose deste xeito a historia do amor condenado e prohibido. A resistencia e convicción, xunto coa lealdade dos amigos, provocará unha loita máis a favor do coñecemento e da liberdade. Unha novela que analiza o sentido da vida xunto coa reflexión sobre a inxustiza.
back link