Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Increméntase o patrimonio municipal cunha nova casa nas inmediacións da praia de Bastiagueiro

Oleiros, 4 de xullo de 2017-. O Concello de Oleiros tomou posesión o pasado mes de abril da casa e da finca situada a carón do aparcadoiro público máis próximo á praia de Bastiagueiro. Esta nova propiedade municipal, que se atopaba en zona verde, foi expropiada por 136.668,67 euros. O Goberno local pretende destinar a planta baixa da vivenda ás actividades municipais náuticas que se desenvolven na praia e o primeiro andar a préstamo para celebración de festas infantís.

back link