Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Inícianse os traballos de ampliación do paseo da ría

Oleiros, 14 de novembro de 2017-. O Concello de Oleiros comezou os traballos de ampliación do paseo da ría na zona de Beiramar. Unha vez rematen estas obras o actual paseo chegará ata a rúa dos Sauces.

O alcalde, Ángel García Seoane, logrou a cesión gratuíta dos terreos necesarios para a obra grazas á colaboración dos seus propietarios, as familias Bermúdez Escariz. O novo tramo ocupará unha franxa de 6 metros, desde o linde da ría ata o interior e rematará na rúa dos Sauces.
 

back link