Oleiros, 10 de novembro de 2021-. O teatro das Torres de Santa Cruz acolle mañá xoves día 11 de novembro, ás 20:00 horas, a presentación dos libros Días de infierno y gloria e Sol de Sangre de Héctor Castro. Ademais do propio autor, na presentación participará o escritor Miguel A. Castro.
Héctor A. Castro é profesor, músico e novelista. En 2016 iniciou a súa carreira literaria coa triloxía El Siglo de Acero, publicada por HRM Ediciones.
Días de infierno y gloria é unha obra ambientada en 1589, sobre María Pita e a defensa da Coruña. Sol de Sangre xira arredor de Juan Pablo de Carrión, un fidalgo español que no solpor da súa vida recibe o encargo do gobernador de Manila de acabar con Tay Fusa, un corsario do Xapón que está sementando o terror en augas de Filipinas.