Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Grande afluencia na fin de curso do Programa de Envellecemento Activo en Lorbé

As máis de 400 persoas que participaron durante todo o curso no programa municipal de actividades de envellecemento activo celebraron este venres o fin do curso cunha gran festa en Lorbé, na polideportiva da Casa do pobo. 

No evento desenvolvéronse diferentes actos e exhibicións co obxectivo de celebrar o remate das actividades que teñen lugar en todas as parroquias do municipio e cunha ampla participación das persoas maiores, que aproveitaron o curso para practicar actividades relacionadas coa memoria, a vitalidade e as artesanías.

A concelleira de Servizos Sociais, Belén Taboada, agradeceu a todas as persoas asistentes a súa participación no encontro e nas actividades durante todo o curso. “Desde o Goberno local imos seguir traballando na mesma dirección, para fomentar todo este tipo de actividades tan positivas, para que teñades un envellecemento activo. Ao final é moi importante ese compromiso de ir ás actividades, que nos obriga a saír unha hora da casa... se trata de facer comunidade e pobo”, comentou a concelleira.

A festa estivo amenizada por música onde os participantes e monitorado puideron gozar dunha tarde de festa amosando todo o aprendido durante este curso.
 

back link