Desta maneira a Escola Municipal de Música de Oleiros comeza as súas actuacións de fin de curso, que se prolongarán durante todo o mes de xuño en distintos espazos públicos do municipio. Nesta ocasión a Orquestra Sinfónica, constituída pola orquestra de cordas, a Banda da escola, a Banda xuvenil e a Big Band, agrupando a un cento de músicos, estará acompañada polos coros da propia escola e polo coro “Tremenda Tremolina”, así como por unha representación do alumnado da Escola Municipal de Danza.
Hemeroteca
Desde Octubre 2010
O Concello organiza este domingo 24 de maio, ás 17.00 horas no parque da Lagoa de Mera, un gran musical no que máis de 200 artistas interpretarán unha adaptación musical da película Aladdín, o clásico de Disney. Participará a Orquestra Sinfónica e os coros da Escola Municipal de Música, o coro “Tremenda Tremolina” e un grupo da Escola Municipal de Danza