Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Gas Natural Fenosa négase a informar sobre un corte da subministración eléctrica no Concello de

Oleiros, 3 de novembro de 2017-. Gas Natural Fenosa procederá á realización dun corte na subministración eléctrica no municipio o vindeiro martes día 7 de novembro, de 8:00 a 20:30 horas. Malia os requirimentos realizados por parte do Concello de Oleiros solicitando información, a compañía négase a dar conta da actuación, para a que non ten solicitada a correspondente licenza nin presentado o proxecto de actuación.

Na única comunicación remitida ao Concello de Oleiros, Gas Natural Fenosa avisa que o corte afectará ao bombeo de Santa Cruz, pero non se aclara se tamén se interromperá a subministración aos particulares. Para que o bombeo non deixe de funcionar e evitar posibles verteduras, o Concello de Oleiros terá que empregar o xerador da estación e asumir o custo do gasóleo para as 12 horas durante as que non haberá electricidade.

 

back link