As Tardes do Alfar consolidaron nesta nova edición a súa identidade como unha experiencia única, ofrecendo un plan cultural de calidade, ao aire libre e de balde para todas as familias. O Concello de Oleiros convida á veciñanza a gozar desta cita co talento e coa cultura local todos os xoves do mes de xullo, nun espazo aberto e de lecer como son As Torres de Santa Cruz.
Hemeroteca
Desde Octubre 2010
|
|
A partir das 19.00 h comezará a mostra de olería en vivo a cargo do recoñecido Alberto Añón, e ás 20.00 h terá lugar o concerto de SUPERFUZZ; banda de rock cun son potente e enerxético, influenciado polo garage e o rock alternativo. As súas actuacións en directo destacan pola intensidade e a conexión co público.