Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Fin de semana de música no García Márquez

O vindeiro venres 13 e sábado 14 de decembro o auditorio Gabriel García Márquez acollerá dous concertos de nadal, Beat of swing music concert e O Mago de Oz interpretados pola Big Band e a Banda da Escola Municipal de Música.

O venres 13 de decembro ás 20:00 horas terá lugar o concerto Beat of swing music concert interpretado pola Big Band do Concello de Oleiros, a Orquestra de Cordas, a Aula de Canto Moderno e os Coros.

O sábado 14 de decembro ás 18:00 horas será a quenda da Banda da Escola Municipal de Musica de Oleiros que intepretará O Mago de Oz.

Estes concertos forman parte das diversas iniciativas que realiza o Concello para fomentar a música e o canto como expresión cultural e artística ademais de seren estas ferramentas para a convivencia.

back link