O venres 19 de decembro ás 19:00 horas terá lugar a representación de Unha viaxe pola antiga Grecia interpretada polo alumnado de danza clásica da escola Municipal de Danza.
O sábado 20 de decembro ás 12:00 horas será a quenda alumnado de lyrical e danzas urbanas que deleitará ao público asistente coa súa función de nadal.
Estes espectáculos forman parte das diversas iniciativas que realiza o Concello para fomentar a danza como expresión cultural e artística ademais de seren estas ferramentas para a convivencia.