Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Festa do Libro na Rúa, o domingo 26 de abril no Parque José Martí

Imagen Festa do Libro na Rúa, o domingo 26 de abril no Parque José Martí

O Concello de Oleiros organiza o domingo 26 de abril a III Festa do Libro na Rúa. Será no Parque José Martí, en Santa Cristina. Haberá actividades para todos os públicos e participarán tamén a Asociación Galega de Escritores, diversos autores e autoras, e as librerías do Concello, que estarán vendendo libros de 12.00 a 19.30 h.

Programación do actos: 

12.00 h - Inauguración

12.15 h - Presentación da obra Cantos de dor e liberdade con Xoán Gabeiras e recital de Laura Rei Pasandín, Lois Diéguez,Ramiro Vidal Alvarinho, Celso Álvarez Cáccamo e outros autores/as.

12.30 h-  Contacontos Cromosomax, de Marta Aranda 

13.00 h - Obra de teatro Unha tarde con Rosalía de Castro, do alumnado do IES Neira Vilas

17.00 h - Alicia, de Pedras de Cartón

18.00 h - Presentación de Diarios de Syra Alonso 

18.15 h - Contacontos: Oli y el saltamontes aventurero, de Gemola

18.45 h - Concerto: Copos de Avena

Na carpa anexa haberá presentación de libros e as librerías participantes aplicarán un 5% de desconto.