Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Felipe Criado será Fillo Adoptivo de Oleiros

O pintor Felipe Criado será considerado, a título póstumo, Fillo Adoptivo de Oleiros, onde residía e onde finou en 2013. En Mera, lugar ao que estivo vencellado tantas décadas, aínda residen os seus fillos. Aínda que era asturiano de nacemento, exerceu a súa cidadanía oleirense coma se fose orixinario.

A súa figura é moi sobranceira no panorama da arte galega, expuxo a súa obra en moitas cidades españolas e americanas e foi numerario da Real Academia de Belas Artes.

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, anunciou que será nomeado Fillo Adoptivo e no futuro, cando se constrúa o Museo que ten proxectado o Goberno municipal, terá unha sala dedicada á súa obra.
 

back link