Alfaroleiros reúne en esta edición a 25 oleiros e oleiras tradicionais que se achegan desde diversos puntos da península ibérica, amosando a grande e rica cultura milenaria que traen consigo. Arredor da exposición, o Concello programa unha ampla e diversa oferta cultural.
Tanto a veciñanza como as persoas que visiten Santa Cruz nestes días terán a oportunidade de descubrir o traballo dos artesáns participantes, así como gozar de concertos, demostracións de olería, espectáculos de cociña con barro, obradoiros, maxia,...
PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES
Mércores 6 de agosto
12:30 h – Inauguración da feira
18:00 h - Demostracións de olería
20:00 h - Espectáculo de música Muiñada de Galeatro. Parque do Emigrante
21:00 h – Concerto de Catuxa Salom. Live Band Trío. Parque Luis Seoane.
Xoves 7 de agosto
13:00 h - Demostracións de olería
18:30 h - Demostracións de olería
20:00 h – Espectáculo de maxia de Martín Camiña “2 ilusionistas cunha menciña contra o fastío”. Praza Esther Pita.
21:30 h- Espectáculo Na Cerna do Son, danza, música e poesía. Parque Luis Seoane.
Venres 8 de agosto
13:00 h - Demostracións de olería
18:00 h - bautismo de barro
20:00 h – Concerto de música infantil “O libro máxico”, de Migallas Teatro. Parque Luis Seoane.
22:00 h – Concerto de Carlangas. Praza Esther Pita.
Sábado 9 de agosto
13:00-14:00 h – “Cociña e barro”, demostración de cociña en vivo. Parque Luis Seoane.
18:30-20:00 h - Obradoiro “A olería nas túas mans”. Parque Luis Seoane.
20:00-21:00 h – “Cociña e barro”, demostración de cociña en vivo. Parque Luis Seoane.
22:00 h – Concerto de A Banda da Loba. Praza Esther Pita.
Domingo 10 de agosto
13:00 h - Demostracións de olería
18:00-20:30 – Xogos Populares. Parque Luis Seoane.
19:30-21:00 h – Pasarrúas co Grupo de gaitas Santaia. Parque Luis Seoane.