Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Fase final das obras do paseo da ría no Graxal e no Paraíso

A falta dos últimos detalles e das obras de xardinería do entorno, xa están finalizadas a obras do tramo de novo paseo entre Oleiros e Cambre. Nas próximas semanas finalizarán tamén as obras do tramo do Paraíso, posibilitando así circunvalar toda a ría polos municipios de Oleiros, Cambre e Culleredo ata A Coruña.

“Todo o mundo sabe que houbo unha guerra total por parte do Concello de Oleiros para lograr que esta obra fose unha realidade. Despois das obras do dragado deixaran sen facer estes dous tramos, e mediante a nosa xestión xa é un feito, que ademais está quedando marabillosamente ben”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Está previsto que ao longo do mes de setembro conclúan tamén as obras no Paraíso. Por parte do Concello faise un chamamento á cidadanía a que se respecten as zonas delimitadas para non retrasar os traballos de xardinería.
 

back link