Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Facebook e Instagram censuran a campaña informativa do Concello sobre o xenocidio de Israel, que avalara a xustiza

Imagen Facebook e Instagram censuran a campaña informativa do Concello sobre o xenocidio de Israel, que avalara a xustiza

Facebook e Instagram procederon a eliminar unha publicación da páxina do Concello de Oleiros na que se informaba da vitoria xudicial do Goberno municipal ante o lobby sionista ACOM, que pretendía censurar unha campaña informativa sobre o xenocidio cometido polo Goberno de Israel contra o pobo palestino. A información eliminada, na que se amosaba a imaxe da campaña de Benjamin Netanyahu xunto á de Adolf Hitler baixo o lema "MESMAS BESTAS ASASINAS", alcanzaba entre ambas plataformas máis de 750.000 visualizacións.
 


Estes feitos poñen de manifesto unha vez máis o dominio e control que exerce o sinonismo sobre os grandes medios de comunicación e as redes sociais a nivel mundial, hoxe principal vehículo de información para a cidadanía. Pero o máis perigoso para a saúde da nosa democracia é que, na práctica, teñen máis poder Facebook, Instagram ou outras grandes corporacións que os tribunais e o Goberno de España. Onde queda a soberanía de España?

O pasado mes de xaneiro, o Xulgado do Contencioso Administrativo número 4 da Coruña emitiu unha sentenza favorable ao Concello desestimando o recurso presentado pola Asociación Acción y Comunicación Sobre Oriente Medio. A sentenza amparou a actuación do Goberno municipal en base á Constitución española, polo dereito á liberdade de expresión e á crítica política, entre outros. Ademais, impúxoselle ao lobby israelí o pago de todas as costas xudiciais.