Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Este sábado regresa o teatro ao García Márquez co drama Invisibles

 Oleiros, 9 de marzo de 2021-. A compañía Redrum Teatro presenta o sábado ás 19:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a obra Invisibles. Mela Casal, Sheyla Fariña, Neves Rodríguez forman o elenco desta obra de Montse Fajardo que dirixe Marián Bañobre.

 
Invisibles é unha adaptación do libro homónimo da periodista Montse Fajardo que relata casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas. Protagonizada por Mela Casal, Sheyla Fariña e Neves Rodríguez baixo a dirección de Marián Bañobre. Unha coprodución entre Redrum Teatro, o Centro Dramático Galego, a Concellería de Igualdade do Concello de Pontevedra e a Deputación da Coruña.
 
As entradas poñeranse á venda a partir das 18:30 horas, a 2,50 euros, ata completar a capacidade da sala. A obra está recomendada para un público adulto. 
 
Ante a situación sanitaria, e seguindo as directrices das autoridades, será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.
back link