Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Espectáculo de maxia de Martín Camiña, este domingo na Fábrica

 Oleiros, 18 de novembro de 2020-. Martín Camiña presenta este domingo o seu espectáculo Novos feitizos e novas ilusións no Auditorio da Fábrica, dirixido a todos os públicos. Haberá dous pases, un ás 17:00 horas e outro ás 18:30 horas. As entradas poñeranse á venda a partir das 16:00 horas, a 2,50 euros. 

 
Martín Camiña combina maxia, humor e participación cheo de intres fascinantes: Como facer maxia nunha mudanza?, a verdade oculta do Principio de Acción e Reacción, o poder máxico da lectura, que haberá despois de "Luar",... son só algunhas das moitas aparicións de ilusións e humor deste espectáculo, con comicidade, fondo musical e participación do público....e as manipulacións de cartas, cordas, mentalismo etc., nun espectáculo que pretende concienciar ao público á devolución das esculturas a súa lugar de orixe: ás rotondas, e a implantación de máquinas expendedoras de empanadas.
 
Ante a situación sanitaria, e seguindo as directrices das autoridades, a capacidade da sala estará limitada. Será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.
back link