Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás En marcha a renovación dos Golfiños do Porto de Dexo

O Concello de Oleiros está a executar os traballos de renovación dos Golfiños do Porto de Dexo, unha actuación destinada a mellorar o estado deste espazo e reparar os elementos que presentan deterioro. A obra conta cun investimento de arredor de 43.000 euros.

A actuación inclúe a reparación e renovación dos adoquíns e azulexos que se atopan en mal estado ou levantados, co obxectivo de recuperar o aspecto e as condicións deste emblemático espazo situado na contorna do Miradoiro do Porto de Dexo.

back link